COMENTARIO DOCUMENTAL. (Marketing)
O documental explicaba a través das experiencias dalgúns publicistas importantes a historia da publicidade e do marketing. Na miña opinión pareceume moi interesante o feito de que o documental estivera feito a través de entrevistas.
Estes primeiros publicistas contán o duro que foi abrirse paso entre todas as dificultades que se lle puxeron por diante. Todos coinciden en que o seu traballo é moi duro e tes que estar preparado para qe rexeiten as túas ideas posto que neste traballo tes que arriscar.
Na miña opinión todos os comezos son complicados e unha vez que empezas podes perder ou gañar pero para iso tes que poñer todos os teus esforzos para lograr alcanzar o teu obxectivo.
No mundo da publicidade e do marketing tes que saber o que a xente vai querer, o que lle vai gustar porque a publicidade consiste en vender o mellor que se poda o produto para que a xente quera mercalo e asi obter os beneficios necesarios para seguir innnovando. Algunha das persoas entrevistadas decían que eles para sacar un bo anuncio antes tiraban moitos proxectos porque non lles gustaban ou non os vían adecuados.
Este documental axúdate a enterder o duro que é comezar algo novo, tamén comprendes o duras que son as críticas e o mundo laboral. Eles tiñan moitisimas ideas, da nada comezaron a traballar e acabaron formando grandes empresas que hoxe en día seguen sendo moi importantes en todo o mundo.
Neste documental tamén falaban dos empleados que se encargan de colocar os anuncios, eles eran os encargados de que o anuncio fora vista por todo o mundo. Eles decían que non coñecían os creadores deses anuncios persoalmente que simplemente os recollian e os expoñían onde lles mandaran, eso levaballes moi pouco.
Os entrevistados falaban do importante que era o lugar de traballo, este tiña que ser cómodo e un lugar onde os traballadores estiveran agusto e relaxados para poder crear novos anuncios. Nunha das empresas había coma unha espcie de nido onde os traballadores ían a relaxarse para poder concentrarse. Cada un tiña os seus espazos adaptados as súas comodidades para poder traballar mellor.
Dende o meu punto de vista un dos anuncios importantes da historia da publicidade é a campaña de “Nike”, foi realizada por Dan Winden, cofundador de la agencia Wieden & Kennedy unha das empresas máis importantes de publicidade. O eslogan desta campaña foi “Just do it” (Faino), este spot representaba a unha marca de deportes. Según contou o propio creador e outros publicistas esta campaña non so serviu para promocionar o produto senón que tamén cambiou a vida dalgunha xente que grazas a esta simple frase logrou cambiar e conseguir os seus obxectivos. O creador desta campaña conta que se sentiu moi satisfeito, el recibiu moitos e-mails e cartas de agradecemento e de xente que lle contaba todo o que fixera grazas ao seu anuncio.
Outro dos anuncios destacados pode ser o primer anuncio de “Ipod”, un reproductor de música que podías levar a calquera sitio grazas ao seu pequeno tamaño. O spot consistía en xente bailando. En pouco tempo o spot estaba por todos os lados e o produto tivo unha gran aceptación entre os compradores e pronto se disparon as ventas.
Por último, teño que destacar a importacia que a publicidade e o maketing están tendo nos últimos anos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario